Normas e modalidades de torneo

Reglamento oficial - futbolín Presas

Reglamento oficial - futbolín SAM

XERALES:

- O saque inicial será sorteado e sacarase desde a defensa. Cambiarase de campo ó remate de cada partida.

- O equipo que encaixe un gol sacará desde a defensa así coma o perdedor da partida anterior.

- As bólas que saian fóra do campo poñeranse en movemento desde a defensa que encaixase o último gol.

- Tódalas bolas que entren na portería despois de tocar na barra de luz, redes ou obxecto semellante será gol non válido.

- Os goles non válidos penalizaranse coa posesión da bóla á defensa do equipo contrario.

Prohibido:
- Mover ou ergue-lo futbolín.
- Golpear ou dobra-las barras do futbolín.
- Facer remuíño/ruleta/molinillo. Sí está permitido un xiro completo (360º).
- O remache/contra á defensa e ó porteiro coa dianteira.

MODALIDADES:

* BOLA EN MOVEMENTO: Sin parada nin cambio na dianteira: Permítese un só toque na dianteira (non se considerará como primeiro toque o rebote producido polo disparo da defensa contraria). En caso de que se produzan varios toques deberá xogarse a bóla cara atrás ou contra a táboa de portería, neste caso, se a bóla entra despois de tocar nun xogador o gol non é válido. Non está permitido arrastrar/rasear/facer curva.

* BOLA PARADA: Con parada e cambio na dianteira. Non está permitido arrastrar/rasear/facer curva.

* COMBINADA: Permítese calquera tipo de xogada sobre a marcha (tamén na dianteira), pero sin para-la bóla.